A predición específica para Percebeiros, PERCEGURÚ, é unha aplicación desenvolvida no ámbito do Proxecto RAIA, para achegar a predición meteorolóxica e marítima ao sector do marisqueo do percebe dunha maneira máis axeitada as súas necesidades.
Para elo, esta especificidade é desenvolvida en dous aspectos:
A predición basease nos modelos meteorolóxicos e de ondaxe desenvolvidos e mantidos por MeteoGalicia. O postprocesado e visualización é mantido polo INTECMAR.
Para acceder a páxina, hai que abrir un explorador e introducir o seguinte enderezo: http://ww3.intecmar.gal/percebeiros.
Tras acceder a ela, aparece un mapa coa predición de semáforos, mais aínda non ten escollida ningunha predición por confraría.
PERCEGURÚ componse de tres partes diferenciadas: unha columna á esquerda onde se pode facer diferentes tipos de seleccións e onde se amosa tanto unha vista xeral de Galicia como as lendas e unha pequena axuda; a zona central, que se corresponde co mapa; a columna da dereita, onde se amosan a predición e a táboa de mareas para un determinado punto.
A columna da esquerda consta dun menú para a selección da confraría e data da que se desexa consultar a predición.
Na selección de confraría pódese escoller a confraría da que se desexa consultar a predición.
Na selección das datas pódese mudar a predición de hoxe para calquera dos dous días seguintes.
Unha vez escollida a confraría, o mapa realizará un achegamento a dita confraría.
Esta columna amosa tamén a lenda dos semáforos. Estes semáforos serán verde, amarelo ou vermello dependendo da altura máxima de onda na confraría escollida e no tempo permitido de marisqueo para o día sinalado. Tal como aparece na lenda, o criterio escollido é a altura da onda menor de 2 metros para o sinal verde, de 2 a 3 metros para o amarelo, e maior de 3 para o vermello. A altura de onda sempre se refire a altura de onda significante. A liña azul do mapa indica os bancos percebeiros.
Para encher a columna da dereita hai que premer en cada un dos semáforos do mapa. O semáforo seleccionado aparecerá remarcado en branco ao pouquiño de facer clic enriba del.
O mapa, como xa é habitual neste tipo de aplicación web, permite facer zoom tanto para achegarse como para alonxarse dun punto, moverse dentro del, etc. O punto escollido é sempre indicado no mapa pequeno na columna da esquerda.
Na columna da dereita amosasen as seguintes variables para cada confraría:
Se vostede só quere coñecer as condicións nunha data en particular só tería que volver a premer nun novo semáforo, sen ter necesidade de escoller de novo data e confraría.
Tódolos días é consultada a marea predita por MeteoGalicia para os portos de referencia máis pretos das zonas de marisqueo. Así, sabendo cando é a baixamar e as horas de luz, pódese coñecer a xornada de marisqueo permitida segundo o Decreto 15/2011, de 28 de Xaneiro, da Comunidade Autónoma de Galicia que no seu Art. 159 establece que o horario de traballo será desde dúas horas e media antes hasta dúas horas despois da baixamar diúrna, tendo como tope as 18.00 horas.
Con estas directrices calculase o período de laboreo, a partires do orto e do calendario de mareas. Sabendo o marco temporal, faise unha consulta aos servizos de datos de modelos de MeteoGalicia. Os modelos consultados son o WRF de 4 km para as variables meteorolóxicas e o SWAN para as ondas. O actual modelo SWAN con malla non regular adaptada á batimetría, consigue resolucións moi altas na propia liña de costa. Os puntos escollidos consisten nos nodos da liña de costa do modelo que cadran coas zonas de marisqueo. Mostrase nas seguintes figuras a extensión e a capacidade de resolución do modelo SWAN.
Malla do modelo SWAN para Galicia
Zoom da malla do modelo SWAN
Unha vez consultada a predición, seleccionase a máxima altura de onda no nodo para o período temporal seleccionado. No caso do vento escóllese a intensidade máxima máis preto dese nodo. O resto de variables son aquelas correspondentes a este valor máximo. Os semáforos así como os campos das distintas zonas e confrarías enchénse con estes valores.